Varios xogadores do noso clube foron convocados pola selección lucense nas súas diferentes categorías, coa finalidade de disputar a segunda xornada do Trofeo Caixa Galicia que enfrontará á selección de Ferrol contra o combinado lucense. Os partidos disputaranse na cidade departamental o xoves dia 14 de Febreiro no campo da Gándara. Os xogadores convocados da SDC RESIDENCIA son: Selección Lucense F-7: Oscar Nuñez, Iago e Javi Raposo. Selección Lucense Sub-15: Alex Mata. Selección Lucense Sub-17: Miguel e Roberto. Moita sorte para todos eles.

febrero 13, 2008