A SDC Residencia colabora coa campaña de Biopsia Líquida

A biopsia líquida é un novo método de análise, rápido e sinxelo para analizar os tumores a través dunha extracción de sangue.

O grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (ONCOMET) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) leva a traballar máis de cinco anos para conseguir situar Galicia como referente nacional no marco da medicina oncolóxica de precisión.

Para continuar coa investigación neste eido e que os doentes de cancro poidan beneficiarse o máis rapidamente posible das vantaxes deste novo avance, Oncomet pon en marcha unha campaña de micromecenado.

Trátase dunha iniciativa de recadación de fondos na que poden participar todos os galegos e galegas, axudando e apostando por unha investigacion que sitúe a nosa comunidade na vangarda da medicina de precisión.

Podes colaborar con esta campaña de diversas maneiras:

  • A través de www.oncomet.es / colabora.biopsia.liquida@oncomet.es
  • SMS coa palabra CANCRO ao 28014 para aportar 1,20€ / ao 38014 para aportar 6€
  • Ingreso na conta de ABANCA: ES68 2080 0300 8730 4556 7736
abril 3, 2017