O ESCUDO

O Escudo da SDCR sufriu varias modificacions ó longo da súa historia, algunas delas importantes.

O primeiro escudo, soamente aperecía nos selos oficiais do club, xa que naqueles tempos non había quen o estampara nas camisolas.

Era, coma case todos, redondo, cun xogador golpeando un balón, e co nome do club, naquel tempo, SD Residencia. Tamén aperecia, na parte de abaixo o nome da cidade.

A evolución máis importante foi no ano 1992, coincidindo ca aparición das categorías inferiores , onde Julio Pacios (actual presidente e coordinador naquel tempo), Juan (presidente naquel tempo) e principalmente Moncho (colaborador e amigo do clube) déronlle as formas actuais de semicírculos, cunha banda de arriba a abaixo, de esquerda a dereita, de cor celeste (bandeira galega), e franxas verticais no cantón dereito da punta simulando a camiseta do clube. Aparece a inclusión do nome no cantón sinestro do xefe, incluindo a palabra cultural antes do nome Sociedade Deportiva Cultural RESIDENCIA.

A seguinte evolución, foi dous anos despois, onde xa aparecen as siglas do club enriba do xefe, centrados, e inclúese por primeira vez o balón antigo. O nome pasa a formar parte na banda do escudo. Inclúese por primeira vez o vermello para os contornos do escudo e o azul é un pouco máis escuro. Esta evolución mantívose uns cantos anos.

Coincidindo co cambio de patrocinador, o escudo evolucionou, principalmente, modificando as cores, e actualizando o balón, por un mais moderno. A evolución das cores pasa a ser máis claro nos azúis e máis escura nos vermellos. Tamén cambia a tipografía, máis lexible.

Logo, co cambio novamente de patrocinador, retórnase o balón antigo. Deportes Elide e o encargado de volver plasmar nas camisetas o escudo anterior a época de InterSport.

Ca renovación do patrocinio de Deportes Elide, surxe a nova modificación, creando un manual de identidade corporativa, profesionalizando un pouco a imaxe do club, onde xa se define de forma clara, que tipografía, que cores e tamaños conforman o escudo, que obxectos o forman, e éngádese como novidade o ano de fundación do club, querendo rendir homenaxe a tódalas xentes que se preocuparon por manter viva esta ilusión que hoxe continuamos.

O brasón ten forma de escudo español modificado, estreitándose no seu parte inferior, terciado en banda, cun balón no cantón sinistro do xefe, como símbolo da súa actividade competitiva, e unha bandeira coas cores do club no cantón destro da punta. Figura o ano de fundación no xefe do escudo, e o nome do club no centro da banda.

As cores do escudo son: contorno intierior en vermello, contorno exterior negro, tipografía negra, balón marrón, con liñas negras e bandeira branca e azul.