HISTORIA DA SDC RESIDENCIA

O fútbol foi o deporte que deu orixe á Sociedade Deportiva Cultura Residencia (SDCR) arredor do ano 1966. Na tempada 67-68, comeza a funcionar como club federado no campionato de modesto da capital.

A SDCR sempre desenvolveu a súa actividade coma unha entidade legalmente constituída, cos seus estatutos debidamente aprobados e unha xunta directiva elixida democraticamente polos seus socios.

A primeira candidatura que foi elixida, nos anos setenta estaba formada por Juan coma presidente, Somoza coma secretario, Manel coma vicepresidente e Ernesto coma Vocal.
Unha das persoas que nomearemos porque a súa desinteresada colaboración foi fundamental naquela época foi Telva, a muller de Juan, propietario posteriormente da Taberna de Xoan, situada na rúa Esquiu. Ela era en realidade a utillera do club. Encargábase de lavar a roupa, coidala, e tela a punto para cada partido. De feito, nas ocasións que faltaba a auga, Telva tiña que transportar as pezas dos xogadores nun cubo sobre a cabeza para ir lavalas no lavadoiro romano que había ao lado da ponche romana do río Miño.
1967

Os comezos

O nome do club, débese ao barrio onde desenvolvía a súa actividade, nas inmediacións do Hospital Xeral existente nesa época, antigamente chamado Residencia Sanitaria Irmáns Pedrosa e coñecido popularmente como A Residencia.

1980

Momentos delicados

A comezos da década dos anos oitenta, a SDC Residencia atravesa un delicado momento, ata o punto de ausentarse da liga de modestos, permanecendo en competición soamente cun equipo de fútbol sala.

1990

A renovación

A actividade do club, renóvase cando Julio Pacios Valín, se incorpora coma Director Xeral do club, e xunto co presidente Xoan Valdo e os máis veteranos da zona comezan a facer unha labor coordinada, que relanzaría ao club formando as categorías inferiores.

OS PRIMEIROS XOGADORES

Reunir o material fotográfico e os comentarios feitos sobre a SDCR non foi sinxelo. De feito, moitas dás fotografías, trofeos, e crónicas xornalísticas, a miúdo conservados nos bares e establecementos, fóronse perdendo ou deteriorando coma consecuencia de sucesivos traslados.

OS VALORES

Para un pai ou nai dun xoven que xoga na SDCR, o fútbol debería ser o deporte que fai que seu fillo desenvolva a súa forma física e cultive valores coma a solidaridade, xenerosidade, aceptación de normas, etc. Estes son os principais logros da práctica do deporte, mais as de expectativas económicas que por xerar de forma xustificada nun futuro.

ESFORZO, SUPERACIÓN, EQUIPO

O esforzo personal, a capacidade de superación e o traballo en equipo son tres dos valores fundamentais dos que ten que deixar constancia calquera xogador que vista a camiseta da SDC Residencia.

PRESENTE E FUTURO

A actividade dun club ten que enfrontarse a miúdo as adversidades. Por diferentes causas, desapareceron entidades de relevancia, cunha longa traxectoria no seu haber. Hoxe mesmo, cando cremos estar no zenith do desenvolvemento desta sociedade, hai poucos clubs que teñan unha situación económica desafogada. Son moitos os dirixentes que han de recorrer ao seu capital particular para facer fronte ás débedas da sociedade deportiva. A SDCR pode congratularse na actualidade de estar nunha fase próspera, aínda que queda moito por facer.

Un dos obxectivos do club é contar cunha secretaría de documentación, encargada do revelado, conservación de fotografías e recompilación dos resumes e crónicas que permitan perpetuar a súa historia.

Outro dos obxectivos do club e incorporar no novo campo un local social axeitado aos tempos que corren. Tamén incorporar máis equipos aos 19 equipos que a conforman na actualidade e arredor de 300 licenzas federadas, e tamén incorporar outras modalidades deportivas e outras prácticas lúdicas. A historia da SDCR é a dunha traxectoria marcada pola loita e os continuos retos. Con estes antecedentes, a súa historia soamente pode explicarse dende o esforzo, os desexos e a decisión de todas as persoas que estiveron, están e estarán envorcadas na xestión do club.