III Campus de Verán da SDC Residencia

A SDC Residencia organiza o III Campus de Verán, un evento dirixido aos máis pequenos onde poderán desfrutar do seu deporte favorito, o fútbol, ademáis doutras disciplinas deportivas e actividades lúdicas.

Data: 25 xuño ao 29 xuño de 2018

Horario: 10:00h-19:30h Incluído almorzo, comida e merenda.

Instalacións: Campo Municipal “A Cheda”, Polideportivo “Palomar”, AquaPark de Cerceda, Piscina.

Idades: nados dende o 2004 ata o 2013, ambos incluídos.

¿Qué inclúe o Campus de Verán?

  • Fútbol: torneos de F-8, concursos de precisión, circuítos de habilidade
  • Baloncesto: 3×3, concurso de tiros, circuítos de habilidade
  • Tenis, tenis de mesa
  • Xogos tradicionais e populares
  • Piscina
  • Inchables
  • Visita a AquaPark de Cerceda
  • Gymkana e moito máis…
  • 2 camisetas, 2 pantalóns e 2 pares de medias
  • Almorzo de media mañá, comida e merenda

Inscrición: Descárgaa na páxina web ou recóllea na oficina ou no local social do club (ambigü).

Prezo: 1 neno/nena 150€, 1 irmán/irmá 130€

A SDC Residencia conta con seguro de responsabilidade civil.

MÁIS INFORMACIÓN:
650 373 561 – 606 994 915
Oficinas campo “A Cheda”

Noticias relacionadas